venres, 11 de decembro de 2015

ACTIVIDADE 9

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE9.
Os conceptos están definidos nas páxinas 49 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

  • (0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede.

 Os módems son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña analóxica ou dixital. A palabra módem provén dos términos MOdular-DEModular e a súa misión consiste en converter o sinal dixital do ordenador en analóxica e viceversa.

En función da tecnoloxía empregada para transmitir a información distínguense varios tipos:
 -Módem ADSL. Emprega o fío de cobre dunha línea telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade. Esta trecnoloxía denomínase asimétrica debido a que a capacidade de descarga (desde a rede ata o usuario) e a capacidade de subida de datos (en sentido inverso) no coinciden. A tecnoloxía que se emprega, ADSL2, ADSL+2 ou VDSL, proporciona gran ancho de banda que permite integrar na mesma liña de voz, datos videos e televisión de alta calidade, polo que é unha das máis empregadas.





-Cable Módem. Diseñado para modular o sinal de datos sobre unha infraestrutura de conexión por cable. Emprégase xeralmente para acceder a servizos de televisión por cable que, adicionalmente, proporcionan aceso a Internet de banda ancha.
-Módem USB. Emprega a banda ancha móbil para obter Internet en calquer lugar e momento, sempre que se dipoña de cobertura. Oferta diferentes velocidades en función do tipode conexión, GPRS, 3G ou 4G. Os teléfonos intelixentes pódense configurar como módem co que conectar outros dispositivos inalámbricamente.


  • (0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede.
Un router é un dispositivo que permite interconectar diferentes redes informáticas, seleccionando a ruta de comunicación máis adecuada para o envío de datos. A maioría de routers tamén inclúen un módem coa tecnoloxía adecuada para a conexión a Internet.
  • (0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede.
 A tecnoloxía PLC (Power Line Communications) emprega a liña electrónica convencional para a transmisión de datos. Os dispositivos PLC teñen unha función similar á dun módem, aínda que neste caso empregan a rede eléctrica para a transmisión de datos. O seu uso permite, entre outras cosas, o acceso a Internet mediante banda ancha, a transmisión de vídeo de alta definición e o uso de telefonía IP.

  •  (1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes

    -Cabreado coaxial: Está formado por un hilo condutor central, protexidos das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar ao que se usa para a a antea de televisión, aínda que actualmente está en desuso. 
    -Cabreado de para trenzado: Está constituído po catro pares de hilos. CAda par está entrelazado para diminuir  a interferencia eléctrica e evitar que se acople o sinal entre os pares. Dentro deste cabreado distínguense dous tipos:
    •   UTP. É un cable non apantallado. ë de baixo costo pero sensible a interferencias, polo que produce máis erros que outros cables.
    • STP. é un cable apantallado, é dicir, ten unha malla metálica arredor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas.
    • FTP. É un cable apantallado con blindaxe global que posee unha pantalla condutora de forma trenzada. Mellora a protección frente ás interferencias con respecto aos anteriores
    Existen diversas categorías de cables dependendo da súa velocidades de transmisión. As que están en uso son: categoría 5 (100Mbps), categoría 6 (1Gbps), categoría 7 (10 Gbps) e categoría 8 , que está en fase de desenvolvemento. O cableado de par trenzado emprega conectores RJ-45.     
 -Cable de fibra óptica: É unha fibra muy fina de material transparente, vidrio ou material plástico, pola que se envía un haz de luz. EStos cables constan dun grupo de fibras ópticas protexidas con filadura de aramida para facelos resistente á tracción, ademáis de estar protexidos por varios revestimentos. Os conectores máis empregados na fibra óptica para redes de área local son ST, LC, FC, e SC



Ningún comentario:

Publicar un comentario