xoves, 3 de decembro de 2015

ACTIVIDADE 7


Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE 7.

Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

 

Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro


Un disco duro é un dispositivo magnético empregado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios pratos apilados nun mesmo eixe que xira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica selada. Entre os pratos, están situadas as cabezas de lectura-escritura que len e escriben nas dúas caras de cada disco.
Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertixinosamente, pasando do primeiro disco duro de 5 MB, que pesaba unha tonelada, ós discos actuais de varios TB cun tamaño maior ca un telefono móbil.

ESTRUCTURA DUN DISCO MAGNÉTICO:
Nun disco magnético diferéncianse:

  • Caras: superficies superior e inferior de cada disco.
  • Pistas: círculos concéntricos nos que se dividen cada cara do disco.
  • Sectores: divisións que se fan en cada pista.
  • Cilindros: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en todas as caras. Este concepto utilízase nos discos duros, polo que en eles hai varios pratos con pistas en ambas caras.


https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjJ8KA5Ex8_o_NYPHL-xueNA57BzRxUF0NV1WaxI9me1wDjUlZyL7yhy8KQA_qOFhmHN9LK6I-I1zVvuWxl7Ey_RWqAqvTIygEIU3wCvKjSmtKd9bFjOYzHS4A1miGv-hhgYqwzyxGI9dI/s1600/disco+duro+abierto3.png




Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria).


A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a outros dispositivos, porque permite ler e escribir datos de forma simultánea.
Converteuse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información, xa que, entre as súaas características destacan a súa gran capacidade, as súas pequenas dimensións, o seu prezo alcanzable , a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de emprego. Iso si, a vida dunha memoria flash non é indefinida: se cifran entre cen mil e un millón as veces que se pode gravar información nela.

Os tipos de memorias flash máis empregadas son:
-Memorias USB: Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash. Conéctanse ao ordenador a través do porto USB en quente, é dicir, aínda que estea acendido. Xeralmente, non hai que instalar ningún software ni driver para utilizalas, xa que o sistema operativo as recoñece automaticamente.
-Tarxetas de memoria:
Son soportes de almacenamento utilizados habitualmente en cámaras dixitais e móbiles, polo que adóitanse conectar ao ordenador a través dun lector de tarxetas de memoria para transferir a súa información. Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, MiniSD, MicroSD, nanoSD, Compact Flash, Memory Stick, xD, MMC,etc.







Unidade de estado sólido. Busca imaxe na rede.


Unha unidade de estado sólido ou SSD (Solid State Drive) é un dispositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros, pero non está formado por discos mecánicos, senón por memorias de circuítos integrados para almacenar a información, utilizando as tecnoloxías como a memoria flash, memoria SDRAM, etc. Ao non ter pezas móbiles , a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de procura e latencia, polo que converteuse nunha alternativa moito máis rápida que os discos duros.
As SSD fan uso da mesma interface que os discos duros e , polo tanto, son doadamente intercambiábeis sen ter que recorrer a adaptadores ou tarxetas de expansión para compatibilizalas co equipo.
Ao ser inmunes ás vibracións externas, son especialmente aptas para vehículos, ordenadores portátiles e outros dispositivos móbiles.









Ningún comentario:

Publicar un comentario